20241013_CELTAFORTUNAvsAMOREBIETA_Aficion-15 (3)
Celtismo

Non te perdas o último partido deste 2024 do Celta Fortuna en Abanca Balaídos!

RC Celta

Xa están á venda as entradas para o partido da xornada número 17 de Primera Federación versus e-Learning, que enfrontará ao Celta Fortuna e ao FC Andorra.

Se queres vir animar ao filial celeste no seu último partido do 2024 en Abanca Balaídos este domingo, 15 de decembro, ás 15:30 horas, podes adquirir AQUÍ a túa entrada. Ademais, as entradas estarán á venda no despacho de billetes do estadio desde unha hora antes do inicio do partido. Lembra que para unha experiencia máis cómoda e próxima tamén poderás facelo a través da App do RC Celta.

O custo das mesmas será de 15 euros e, aqueles afeccionados que teñan o carné celtista en calquera das súas modalidades (Celtista, As Celtas, Colaborador e Abonado) poderán acceder co seu carné sen necesidade de adquirir unha entrada adicional.

Vémonos, afección!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas