O RC Celta únese á loita contra o cancro no Día Mundial Contra o Cancro, da man de La Revuelta, a través dunha acción solidaria que busca concienciar e recadar fondos para a causa. En colaboración co programa de televisión, o club lanza unha edición especial limitada do seu primeiro equipamento, que inclúe o logo de La Revuelta.
Esta camiseta, presentada por Marián Mouriño durante a súa entrevista con David Broncano o pasado mes de xaneiro e a cal será utilizada polos xogadores no seu próximo partido contra o Betis, xa está á venda nas tendas oficiais e na tenda en liña do RC Celta.
Baixo o lema “O mellor agasallo da historia”, cada camiseta vendida contribuirá cunha doazón de 10 euros por parte do RC Celta á Asociación Española Contra o Cancro (AECC).
O RC Celta confía na gran acollida desta campaña solidaria, e espera que, como sempre, o celtismo sómese a esta causa tan importante.
Compra a túa camiseta AQUÍ e achega o teu granito de area na loita contra o cancro!