A pena celtista “Peña CeltaBirras”, integrada no colectivo “Siareiros Celta de Vigo”, celebrou o seu X aniversario cunha xornada repleta de Afouteza e Corazón.
O evento, que tivo lugar no Centro Veciñal e Cultural de Valadares, incluíu un coloquio sobre o club e a súa canteira. Á cita asistiron Iker Losada, xogador do primeiro equipo; Gael Alonso, do Celta Fortuna; e Paula Rodríguez, xogadora de As Celtas. Tamén participaron Manolo, exxogador celeste, e Juan Adell, representante do club.
Durante a celebración, non faltaron os autógrafos, as fotos, os abrazos e a emoción de compartir o orgullo de ser celtista.
Este encontro reforza o compromiso do RC Celta coa súa afección e demostra, unha vez máis, a proximidade do club con quen vive con intensidade este lazo invisible que nos une.