WhatsApp Image 2025-05-21 at 18.14.04
Fundación

A Fundación Celta visita o Colexio Rosalía de Castro

RC Celta

A Fundación Celta continúa firme no seu compromiso co deporte como ferramenta de transformación social, e por iso, recentemente, viviu unha xornada moi especial no Colexio Rosalía de Castro, onde alumnado e profesorado recibiron unha visita celeste única.

Durante esta visita, os estudantes asistiron a unha charla con Rodilla, lenda do RC Celta, e cos xogadores do primeiro equipo Carlos Domínguez e Hugo Sotelo, o canteirán Ángel Arcos, e Lara Martínez, capitá de As Celtas. Un encontro interxeracional que permitiu non só achegar o fútbol profesional aos máis novos, senón tamén transmitirlles valores fundamentais como o esforzo, a paixón, o compromiso e a evolución persoal e colectiva.

A Fundación Celta quere agradecer profundamente ao Colexio Rosalía de Castro pola súa cálida acollida e por facer posible esta experiencia tan enriquecedora.

RC Celta

Etiquetas

Fundación Novas fundación

Noticias recomendadas