Despois dunha tempada espectacular, equipo e afección demostraron que a unión fai a forza e unidos loitamos por un mesmo soño: Volver a Europa.
Agora, xuntos, xa podemos celebrar que o logramos.
Como non podía ser doutra maneira, Praza América será o epicentro de todas as celebracións. Mañá, domingo 25 de maio a partir das 18:45h., celebraremos ao grande nosa décima clasificación nunha competición europea.
Unha festa que estará á altura dunha afección que encheu cada recuncho do estadio, que tinguiu as rúas de celeste, que animou ao equipo sen descanso e que percorreu centos de quilómetros cada fin de semana presumindo deste escudo que levamos cravado no peito. Grazas, afección. Grazas por ser a alma que nos alentou cara a esta ansiada praza nunha competición continental.
Volvemos a Europa. E facémolo como sempre: xuntos.
Sempre Celta!