
As sedes presentadas nos últimos días foron as seguintes:
Fundación Denis Suárez (Salceda de Caselas): no campo de fútbol Penedo Redondo e coa presenza de alcaldesa, o concelleiro de deportes e do noso consello de administración magníficamente representado por Sergio Álvarez.
Fundación Denis Suárez (Salceda de Caselas): no campo de fútbol Penedo Redondo e coa presenza de alcaldesa, o concelleiro de deportes e do noso consello de administración magníficamente representado por Sergio Álvarez.
Portonovo (Sanxenxo): no campo de fútbol de O Baltar, coa presenza dalgúns representantes do Portonovo SD e o Concello de Sanxenxo co seu concelleiro de deportes, apostando un verán máis pola nosa actividade para esta gran vila turística.

Mos: a alcaldesa de Mos volve poñerse á fronte dunha aposta máis polo deporte feminino e polo RC Celta, que nos últimos anos van da man en proxectos como a nova Cidade Deportiva Afouteza e a nova sección de a As Celtas. E tampouco faltou ao acto o noso conselleiro Sergio Álvarez sempre comprometido con todo o que rodea ao celtismo e orgulloso de poder ofertar estas actividades a todos os celtistas. Tamén estiveron presentes membros do club UD Mos encabezados polo seu presidente que colaboran cedendo as instalacións deportivas de As Baloutas.

Círculo Mercantil (Vigo): o Director de Infraestructuras e Relacións Institucionais do RC Celta, Carlo Cao, xunto a responsables do Círculo Mercantil, presentou a primeira edición deste campus de verán entre ambas entidades, como orixe dunha frutífera relación.

Santomé (Marín): presentado na sede do RC Celta, é fruto da colaboración que o RC Celta levará a cabo coa colaboración da Fundación García Chillón Orlando. Representantes de ambas as entidades estiveron presentes.

Ponte Caldelas: o alcalde do Concello xunto a membros do club de fútbol achegáronse ao campo Chan da Barcia a presentar a primeira edición do Camus de Verán RC Celta en Ponte Caldelas. O noso conselleiro Sergio Álvarez deu o pistoletazo de saída a esta primeira edición.

En todas elas contouse coa presenza de Manu Gómez como responsable da dirección dos Campus de Verán.
Desde o RC Celta anímase a todos os nenos/as destes concellos e zonas próximas a participar un verán máis nos nosos campus de fútbol, cada vez máis consolidados nesta época vacacional.
Más información e inscricións AQUÍ.