Presentación Campus 2026 _ Sedes
Campus gl

PRESENTACIÓN SEDES CAMPUS DE VERÁN CELTA 2026

RC Celta
O pasado martes, coincidindo coa celebración no estadio Abanca Balaidos do partido de liga EA Sports entre o CELTA e o LEVANTE UD, celebrouse na previa do devandito partido un acto de presentación de todas as sedes dos CAMPUS DE VERÁN CELTA 2026 by Cabreiroá.
A este acto asistiron representantes de cada unha das sedes confirmadas, tanto de clubs como de concellos colaboradores. As sedes presentes foron Pabellón Ourense, Colexio Los Sauces Pontevedra, Oroso, Colexio Compañía de María Santiago de Compostela, Portonovo-Sanxenxo, Palas de Rei, Noia, Vila do Corpus-Ponteareas, Mondoñedo, Castrillón (Asturias), Marcón, O Pino, Ares, Mos, Teo, Xinzo de Limia, Maceda, Circulo Mercantil Vigo, Barreiros e Monforte de Lemos.
As sedes foron recibidas por Fernando Iturbe (responsable dos proxectos deportivos Celta 360) e Manu Gómez (responsable da organización dos campus de verán) como representantes do CELTA. Tras a recepción de todos os asistentes procedeuse a realizar no interior do campo unha foto oficial de presentación de cada unha das sedes, ao mesmo tempo que todos podían desfrutar moi de preto de a previa dun partido oficial de liga do noso primeiro equipo.
Posteriormente incorporouse ao acto de presentación o noso conselleiro SERGIO ÁLVAREZ, primeiro para formar parte da foto de familia de todas as sedes tamén a pé de campo e a continuación, xa na sala RIO CLUB, para dedicar unhas palabras de agradecemento a todos os representantes das sedes colaboradoras.
A esta foto de familia tamén se sumou o noso último gran fichaxe CHIÑO que se mostrou moi próximo e cariñoso con todos os presentes, recoñecendo tamén o gran labor que realizan todos eles colaborando co CELTA.
Despois chegou o momento de desfrutar do partido, e aínda que o resultado non foi o que nos tivese gustado a todos, viviuse un partido vibrante que serviu para todos os asistentes mostrasen a súa paixón polo CELTA.
O acto tivo o seu fin na Área Celtista onde Fernando Iturbe despediu a todos os asistentes, que se mostraron moi agradecidos polo trato recibido.
Presentadas todas as sedes, as inscricións xa están en marcha e avanzan a moi bo ritmo, por iso é importante inscribirse canto antes xa que as prazas son limitadas en todas as sedes. Información e inscricións en CELTA.GAL
RC Celta

Etiquetas

Campus gl

Noticias recomendadas