WhatsApp Image 2025-06-23 at 11.23.45 (3)
Fundación

Fundación Celta Integra, brillante subcampión no torneo MADCUP 2025, a Copa de España FEDDI

RC Celta

A Fundación Celta Integra participou esta fin de semana no prestixioso torneo MADCUP, celebrado os días 20, 21 e 22 de xuño en Las Rozas, Madrid, logrando un destacado segundo posto nunha final moi disputada co RCD Espanyol (2-0).

Organizado pola Federación Española de Deportes para Persoas con Discapacidade Intelectual (FEDDI), o torneo reuniu a equipos de fútbol para persoas con discapacidade intelectual co obxectivo de fomentar a integración, a igualdade e o espírito deportivo. A Fundación Celta Integra reafirma así o seu compromiso co deporte como ferramenta de inclusión e desenvolvemento persoal.

Desde a organización do club, queremos expresar o noso agradecemento especial a Autos González, patrocinador do equipo, polo seu apoio económico e a cesión dunha furgoneta adaptada que facilitou o desprazamento dos nosos xogadores á competición. Sen a súa colaboración, esta experiencia non sería posible.

Tamén agradecer a presenza de Antón Álvarez e Desirée Vila, conselleiro e patroa do club, polo agarimo e apoio que mostran sempre cara aos mozos.

A Fundación Celta Integra consolídase ano tras ano como un referente no deporte adaptado e en iniciativas que apostan pola diversidade e a inclusión. Para o equipo da Fundación Celta Integra foi unha oportunidade enriquecedora de convivencia, superación e aprendizaxe.

Seguimos crecendo xuntos, dentro e fóra do campo!

RC Celta

Etiquetas

Fundación Novas fundación

Noticias recomendadas