16-9
Celta Fortuna

Así será a pretempada 2025/26 do Celta Fortuna

RC Celta

O Celta Fortuna volve ao traballo despois de realizar as pertinentes probas médicas e físicas entre os días 16 e 17 de xullo. Este venres o conxunto dirixido por Fredi Álvarez retomará os adestramentos nas instalacións deportivas de A Madroa ás 10:30 horas.

Os xogadores convocados para o comezo da pretempada son: Marcos González, Caio Barone, Tincho, Vicente Nunes, Pablo Meixús, Jaime Vázquez, Joel López, Pablo Gavián, Germain Miller, Hugo Burcio, Dela, Andrés Antañón, Jordi Escobar, Angelito, Hugo Busto, Bernard Somuah e Fer Martínez.

Uniranse os xogadores en idade xuvenil: Iago Barreiros, Saúl González, Noah Rodríguez, Anxo Rodríguez, Jorge Lambea, Jorge Sálamo, Dani Noya, Sergio Beltrán e Cristian Carro.

Óscar Marcos e Ianis Tarba incorporaranse máis tarde debido aos seus compromisos internacionais.

Coa mirada posta no inicio da tempada de Primera Federación, que será o último fin de semana de agosto ante o Zamora no estadio Ruta de la Plata, o filial celeste enfróntase a unha pretempada das máis esixentes para chegar a esa cita no mellor estado de forma. Un calendario que xa conta cos seguintes amigables confirmados:

  • Sábado 26 de xullo ás 19:00h. Torreense – RC Celta Fortuna (Complexo Deportivo FC Freamunde)

  • Mércores 30 de xullo ás 18:00h. Celta Fortuna – Real Oviedo Vetusta (A Cantarrana, Viveiro)

  • Sábado 02 de agosto ás 20:00h. Vizela FC – Celta Fortuna (Estadio do Vizela)

  • Sábado 09 de agosto ás 19:30h. Celta Fortuna – Bergantiños CF (Burgáns, Cambados)

  • Mércores 13 de agosto ás 20:00h. UD Ourense – Celta Fortuna (O Couto, Ourense)

  • Domingo 17 de agosto (Horario por confirmar) Ourense CF – Celta Fortuna (O Couto, Ourense)

  • Sábado 23 de agosto ás 19:00h. Racing de Ferrol – Celta Fortuna (A Malata, Ferrol)

RC Celta

Etiquetas

Celta Fortuna

Noticias recomendadas