O Celta segue apostando forte pola canteira coa renovación de Miguel Román, unha as novas promesas do filial celeste. O xogador continuará vinculado ao club durante o próximas tres tempadas.
Tras unha campaña brillante ás ordes de Fredi Álvarez, con 34 partidos, 4 goles, 6 asistencias e máis de 3.000 minutos sobre o terreo de xogo, o de Gondomar logrou debutar co Celta en Copa do Rey fronte ao UD San Pedro a finais do pasado outubro e entrar na súa primeira convocatoria de liga aos poucos meses.
Agora, e despois dunha gran pretemporada cos de Claudio Giráldez, o centrocampista parece asentado na dinámica primeiro equipo e convértese así no undécimo xogador do filial que dá o salto á elite nos últimos meses.
A súa renovación é unha mostra máis do bo momento que vive a canteira celeste, cunha xeración que segue dando pasos firmes e facendo soñar a todo o celtismo.
Parabéns, Miguel!