celta fortuna
Celta Fortuna

O Celta Fortuna conquista a Copa Concepción Arenal tras vencer ao Racing de Ferrol (0-3)

RC Celta

O Celta Fortuna pechou a pretemporada 25/26 alzándose coa Copa Concepción Arenal, un dos torneos estivais máis prestixiosos do fútbol español.

Os de Fredi Álvarez impuxéronse ao Racing de Ferrol na Malata por 0-3, asinando un partido moi serio, dominando desde o inicio e demostrando un alto nivel competitivo. Andrés Antañón foi o encargado de abrir o marcador na primeira metade, mentres que Germain Miller sentenciou o encontro cun dobrete nos últimos compases. Máis aló do resultado, o encontro serviu para certificar o gran traballo realizado polo equipo durante a pretemporada a tan só unha semana de que inicien a competición oficial en Primera Federación.

Este trofeo supón unha dose extra de confianza e motivación coa que o Celta Fortuna afrontará o primeiro partido da tempada ante o Zamora CF o vindeiro sábado, 30 de agosto ás 19:30h., no estadio Ruta de la Plata.

RC Celta

Etiquetas

Celta Fortuna

Noticias recomendadas