WhatsApp Image 2025-11-02 at 17.04.17
Novas primeiro equipo

Victoria traballada no Ciutat | Levante UD 1-2 Celta

RC Celta

O Celta conseguiu unha vitoria moi traballada no Ciutat de València tras impoñerse 1–2 ao Levante UD. Os celestes adiantáronse cun gol de Óscar Mingueza ao fío do descanso, viron como os locais empataban a pesar de xogar cun menos e acabaron levándose o triunfo no desconto grazas a un tanto de Miguel Román, que se estreou como goleador co primeiro equipo.

O partido comezou igualado, con ritmo e ocasións repartidas. O Levante presionou forte nos primeiros minutos, pero o Celta soubo aguantar e aos poucos fíxose co esférico. A expulsión de Unai Vencedor por unha dura entrada sobre Ilaix Moriba cambiou o rumbo do encontro. Cun xogador máis, os de Claudio Giráldez moveron o balón con calma e atoparon premio xusto antes do descanso a través de Óscar Mingueza, quen apareceu desde a frontal para poñer o 0–1 cun disparo axustado.

Na segunda parte, todo parecía encarrilado para os celestes, pero o Levante non puxo as cousas sinxelas. A pesar da inferioridade numérica, os locais empataron no minuto 66 cun gol de Kervin Arriaga tras un rexeite nun córner. O tanto deu vida ao conxunto granota, pero o Celta mantivo a cabeza fría e seguiu buscando a vitoria. O esforzo tivo recompensa no minuto 91, cando Miguel Román cazou un balón solto na área para marcar o 1–2 definitivo e desatar a alegría no banco celeste.

Con este triunfo, o Celta suma a súa segunda vitoria do curso en LaLiga e reforza a súa confianza antes de afrontar unha semana esixente. Os celestes visitarán agora ao Dinamo de Zagreb na UEFA Europa League e volverán á competición doméstica o vindeiro domingo, en Abanca Balaídos, para enfrontarse ao FC Barcelona.

FICHA TÉCNICA:

1 – Levante UD: Ryan, Toljan (Dela, m.82), Elgezabal, Matías Moreno, Manu Sánchez (Matturro, m.82); Arriaga, Vencedor; Victor García (Olasagasti, m.46), Brugué (Espí, m.58), Carlos Álvarez (Morales, m.90); Etta Eyong.

2 – Celta: Radu; Javi Rodríguez (El-Abdellaoui, m.79), Starfelt, Marcos Alonso (Carlos Domínguez, m.60); Óscar Mingueza, Fran Beltrán (Iago Aspas, m.68), Ilaix Moriba (Miguel Román, m.79), Carreira; Jutglá (Hugo Sotelo, m.68), Borja Iglesias e Bryan Zaragoza.

Goles: 0-1, m.40: Óscar Mingueza. 1-1, m.66: Arriaga. 1-2, m.91: Miguel Román.

Árbitro: Alejandro Quintero González (comité andaluz). Amonestou a Toljan (m.59) e Elgezabal (m.69) por parte dos locales e a Marcos Alonso (m.31), Starfelt (m.73) e Carreira (m.88) por parte dos visitantes. Expulsou a Vencedor (m.29), do Levante.

Incidencias: Partido correspondente á Xornada número 11 de LALIGA EA SPORTS disputado no Estadio Ciutat de València. Antes do inicio do encuentro gardouse un minuto de silencio en memoria das víctimas da dana.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas