
Celtismo, as viaxes europeas están de volta! Acompaña ao Celta por Europa e pre-reserva xa a túa entrada para o segundo partido dos celestes fóra da casa na Europa League. A cita será o vindeiro xoves, 27 de novembro ás 18:45h, fronte ao PFC Ludogorets Razgrad no Ludogorets Arena.
A continuación explicamos detalladamente como realizar o proceso e cales son os pasos a seguir desde o Portal do Celtista:
Pre-reserva e adxudicación
Para optar a unha entrada na bancada visitante (7,50 euros), é necesario realizar unha inscrición no Portal do Celtista de maneira individual ou en grupo (de até un máximo de 6 celtistas) e efectuar un pagamento de pre-reserva (5 euros) co obxectivo de que as peticións sexan en firme. Este importe devolverase no caso de non ser seleccionado/a.
Este pagamento non garante automaticamente a entrada, senón que permite participar no proceso de adxudicación, que se rexe polos seguintes criterios:
-
75% das entradas asígnanse segundo a antigüidade: téñese en conta a media de antigüidade no caso de grupos e a antigüidade individual nas solicitudes persoais.
-
25% das entradas adxudícanse mediante un sorteo entre o resto de solicitantes.
Unha vez rematado o proceso de adxudicación, todas as persoas inscritas recibirán un correo informando sobre o resultado da súa solicitude.
Pagamento final para as persoas seleccionadas
Os celtistas que resulten seleccionados recibirán un correo de confirmación coas instrucións para completar a compra aboando a diferenza respecto á pre-reserva realizada.
Para formalizar a compra, deberán seguir estes pasos:
-
Acceder ao Portal do Celtista e dirixirse ao apartado “Entradas Visitante”.
-
Completar o pagamento nun prazo máximo de 48 horas desde a recepción do correo.
-
Recibirán a confirmación da compra e a información sobre a entrega da entrada.
⚠ Importante: Se o pagamento non se realiza dentro do prazo indicado, perderase o dereito á compra da entrada e o importe da pre-reserva non será reembolsado.
Devolución para os non seleccionados
Aqueles afeccionados que non resulten seleccionados recibirán un correo coa notificación e, de forma automática, o club procederá ao reembolso íntegro do importe da pre-reserva no mesmo método de pagamento empregado durante a inscrición.
Confirmación e entrega das entradas
As persoas que completen o proceso de compra recibirán un correo de confirmación. É importante lembrar que o comprobante de pagamento non é válido como entrada.
Nesta ocasión, as entradas serán entregadas en formato dixital. En caso de calquera cambio, o club poñerase en contacto a través do correo electrónico. Unha vez realizada a compra, non se permiten cambios nin devolucións.
A pre-inscrición para as entradas está dispoñible no Portal do Celtista desde hoxe mesmo até o xoves 6 de novembro ás 12:00h. Lembramos que son nominativas e pedirase o DNI xunto coa entrada no acceso ao estadio.
Xuntos seguiremos representando con orgullo o que significa ser do Celta por toda Europa. ¡Imos, afección!