radu
Primeiro Equipo

Parte médico de Andrei Radu

RC Celta

Andrei Radu sofre unha escordadura no dedo polgar da súa man dereita, segundo revelan a resonancia magnética e a ecografía que se lle practicaron este luns. O gardameta celeste lesionouse no partido ante o Levante UD, correspondente á xornada 11 de Laliga EA Sports, tras unha desafortunada caída sobre a súa man dereita.

Radu deberá realizar adestramento individual e manter unha limitación no adestramento específico durante os próximos días, en función da súa evolución.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas