O técnico celeste, Fredi Álvarez, xunto con dous dos goleadores da tarde, Pablo Gavián e Andrés Antañón, compareceron en rolda de prensa tras o asubío final do encontro ante o CF Talavera no estadio de Barreiro. Un partido que pasará á historia como unha das remontadas máis épicas que se lembran e sobre a que os tres protagonistas coinciden en que foi unha vitoria colectiva que é mérito tanto dos xogadores como do corpo técnico e, por suposto, de toda a xente que nos apoia, “a afección marcou ese cuarto gol”.
Dálle ao PLAY e non te perdas as súas declaracións completas!