
O Celta e o Dinamo de Bucarest alcanzaron un acordo para o traspaso sen custo con porcentaxe de futura venda do xogador Ianis Târbă. O atacante de 19 anos, que militaba esta tempada no Celta Fortuna, continuará a súa carreira deportiva no conxunto de Romanía.
De orixe romanesa pero nado na localidade catalá de Mollerusa en 2006, Ianis chegou á canteira do Celta con 16 anos, tras completar a súa formación nas categorías inferiores do FC Barcelona. Durante dúas tempadas defendeu a camiseta do Xuvenil B celeste e, posteriormente, deu o salto ao equipo de División de Honra, co que asinou unha destacada campaña anotando oito goles.
A súa progresión levou ao club a reservarlle ficha no filial para a presente tempada. Co Celta Fortuna, Ianis Târbă disputou tres encontros oficiais, acumulando un total de 124 minutos sobre o terreo de xogo.
Agora, o Celta deséxalle ao xogador o maior dos éxitos neste novo reto deportivo.
Sorte, Târbă!