16-9-6
Novas club

O Celta reforza o seu patrocinio con Siweb dando visibilidade a Sygna no pantalón do primeiro equipo

RC Celta

Como patrocinador oficial do Celta, Siweb dá un paso máis e actualiza a marca que amosará no pantalón do primeiro equipo para posicionar o seu produto estrela: Sygna by Siweb, a solución de xestión empresarial do grupo deseñada para aportar orde, control e eficiencia no día a día das organizacións, desde a xestión de persoas e operacións ata a parte administrativa e financeira, cunha visión unificada e eficiente.

Este cambio responde á evolución natural do proxecto e á vontade de reforzar unha identidade máis clara e recoñecible no mercado, mantendo intacto o compromiso de apoio ao club e á súa afección. Con este relevo de marca, Siweb aposta por dar maior visibilidade a Sygna, nun contorno de alto rendemento como o fútbol profesional, onde a organización e a toma de decisións marcan a diferenza.

Ademais, para celebralo, Siweb lanza unha promoción exclusiva para socios e celtistas, os cales contarán con acceso gratuíto e completo a Sygna durante 3 meses, para que poidan desfrutar de todas as súas funcionalidades sen custo e sumar orde, control e eficiencia no seu día a día.

O Celta e Siweb estreitan así a súa relación, cunha nova identidade no terreo de xogo, pero o mesmo compromiso de sempre.

RC Celta

Etiquetas

Novas club O Club

Noticias recomendadas