fer
Novas primeiro equipo

Fer López: “Estou moi contento de estar de volta en casa”

RC Celta


Fer López foi presentado en rolda de prensa tras facerse oficial o seu regreso ao Celta ata final de tempada. O canteirán, visiblemente emocionado, atendeu a todas as cuestións dos medios de comunicación acompañado de Marco Garcés, director de Fútbol, e de Sergio Álvarez, conselleiro da entidade celeste.

Quería volver porque é aquí onde son feliz“, son as palabras coas que Fer López define o seu regreso a casa, unha volta moi desexada tanto por el como por toda a afección celeste, “quero volver a Abanca Balaídos e facer gozar ao celtismo estes seis meses como o fixeron ata o de agora“.

Non te perdas as súas declaracións completas!

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas