Fredi
Celta Fortuna

Fredi Álvarez: “Outra remontada máis nun escenario difícil”

RC Celta

Rolda de prensa de Fredi Álvarez tras a vitoria do Celta Fortuna no derbi galego ante o Racing de Ferrol. O técnico celeste recoñece que “o conxunto ferrolán mereceu gañar” e destaca a dificultade de “un encontro cheo de altibaixos. Ademais, pon en valor o traballo dos seus destacando que esta é “outra remontada máis nun escenario difícil” froito de que “o equipo creu ata o final“.

Unha vitoria, ante un rival directo, coa que o Celta Fortuna suma 48 puntos momento no que Fredi recoñece que “o equipo debe seguir traballando, ilusionarse e soñar, aínda que quedan moitos puntos en xogo“.

Non te perdas as súas declaracións completas!

RC Celta

Etiquetas

Celta Fortuna

Siguiente noticia

Noticias recomendadas