Fredi Álvarez valorou en rolda de prensa o empate in extremis do Celta Fortuna ante o CD Arenteiro, destacando a resiliencia do seu equipo nun partido no que non estiveron de todo cómodos.
O técnico celeste subliñou que “estivemos vivos ata o final e mesmo nos puidemos levar os tres puntos“, valorando a capacidade de reacción que demostraron sobre o terreo de xogo. Neste sentido, recoñeceu que, malia non ser un bo partido, lograron rescatar “un punto moi importante, sobre todo, a estas alturas da tempada onde todos os equipos estanse a xogar moito“.
Deste xeito, Fredi quixo resaltar a dificultade de cada xornada e a importancia de seguir sumando, “agora os partidos van ser moi difíciles de sacar adiante“.
Non te perdas as súas declaracións completas!