
O Celta Fortuna caeu ante o Real Madrid Castilla nun encontro marcado polos seus propios erros, especialmente tras o descanso, pero que deixou boas sensacións nos compases iniciais.
O filial celeste adiantouse pronto nunha acción a balón parado e, desde aí, executou con criterio un 5-4-1 que pechou espazos e permitiu transitar. Con todo, a falta de acerto no último pase e dúas accións puntuais antes do descanso penalizaron o seu bo traballo, revertendo o marcador.
No arranque do segundo tempo, o Celta Fortuna pagou a un prezo demasiado caro polos seus propios erros xa que varios desaxustes defensivos, perdas evitables e unha mala xestión da área facilitaron tres goles consecutivos do Castilla.
Pese ao resultado, o filial celeste mantivo o seu carácter ata o asubío final e xerou ocasións illadas, aínda que non conseguiu igualar o marcador.
A próxima semana, os pupilos de Fredi Álvarez volverán xogar a domicilio ante o Arenas Club, o domingo 12 de abril ás 16.00 horas, no Estadio Municipal de Gobela.
FICHA TÉCNICA:
5 – Real Madrid Castilla: Mestre, Jiménez, Joan Martínez, Lamini, Valdepeñas (Rachad, min. 79), Cestero, Cristian David, Roberto, Liberto (Yáñez, min. 55), Pol Fortuni e Jacobo.
1 – Celta Fortuna: Caio Barone; Anxo Rodríguez, Pablo Meixús (Jan Oliveras, min. 61), Quique Ribes; Pablo Gavián, Hugo Burcio, Anthonie Khayat (Kibet, min. 61), Ángel Arcos (Noah, min. 71); Hugo González (Capde, min. 71), Álvaro Marín (Bernard Somuah, min. 61) e Óscar Marcos.
Goles: 0-1, min. 4: Jacobo en propia meta. 1-1, min. 21: Joan Martínez. 2-1, min. 45: Liberto. 3-1, min. 48: Valdepeñas. 4-1, min. 59: Jacobo. 5-1, min. 66: Jacobo.
Árbitro: Pol Godia Soler. Mostrou cartón amarelo ao local, Cristian David.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 31 de Primera Federación disputado no estadio Alfredo Di Stéfano.