
O Celta Fortuna impúxose con claridade ao Arenas Club e afianza a segunda praza na clasificación, con oito puntos de marxe sobre o terceiro a falta de seis xornadas.
O equipo de Fredi Álvarez dominou desde o inicio cun ritmo alto de circulación, presión tras perda e eficacia nos espazos. O 0-1 chegou no minuto 24 tras unha longa posesión na que o balón circulou de lado a lado para abrir a defensa e, tras un pase filtrado de Jan Oliveras, Hugo González definiu de cabeza con precisión. O 0-2 volveu levar a firma do dianteiro valenciano nunha acción máis vertical e cun remate axustado co que logrou ampliar a vantaxe celeste.
Tras o descanso, o Celta Fortuna mantivo a mesma intensidade da primeira parte e tan só lle bastaron 3 minutos para ver portería. Jan Oliveras chegou nunha xogada ben elaborada por banda, con centro á área e finalización clara, que deixou o partido practicamente resolto.
Con superioridade numérica tras unha expulsión local, o conxunto de Fredi Álvarez fíxose co control total do partido. Álvaro Marín elevou a conta tras outra acción colectiva ben executada mentres que, Óscar Marcos pechou a goleada culminando outra chegada ben construída, co equipo xa xogando con espazos e controlando o ritmo.
Unha vitoria que reforza ao filial celeste de cara ao tramo final da tempada e que afianza a súa candidatura ao Play-off de ascenso a Segunda División. A próxima cita no calendario será este venres, 17 de abril ás 19.00 horas, en Abanca Balaídos ante o Cacereño.
FICHA TÉCNICA:
0 – Arenas Club: Sergio Aragoneses, Jesús Vizcay (Óscar Bazaga, Min. 50), Marcos Fernández, Paul Álvarez, Pablo García (Jon Merino, Min. 50), Mikel Zabala, Alexander Hidalgo, Ángel Troncho (Urko Collado, Min. 50), Julen Lartitegui (Adrián Rodríguez, Min. 66), Christian Multilva (kodjoviglo, Min. 66) e Jon Sillero.
5 – Celta Fortuna: Coke Carrillo, Pablo Gavián, Hugo Burcio (David De La Iglesia, Min. 69), Pablo Meixús (Quique Ribes, Min. 46), Hugo González, Jan Oliveras (Luis Bilbao, Min. 63), Adrià Capdevila, Bernard Somuah (Álvaro Marín, Min. 63), Óscar Marcos, Anxo Rodríguez (Jaime Vázquez, Min. 69) e Antonhy Khayat.
Goles: 0-1 (Min. 24) Hugo González. 0-2 (Min. 35) Hugo González. 0-3 (Min. 48) Jan Oliveras. 0-4 (Min. 66) Álvaro Marín. 0-5 (Min. 73) Óscar Marcos.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 32 de Primera Federación disputada no Estadio Municipal de Gobela.