
O Celta Xuvenil A proclamouse campión da División de Honra tras unha tempada sobresaliente que confirma, unha vez máis, a fortaleza do traballo de canteira que se leva a cabo na Madroa. O conxunto dirixido por Alberto Suárez certificou o título despois de impoñerse con contundencia por 13-0 ao Solares en casa, duodécima vitoria consecutiva, volvendo así todo o máis alto da categoría tres anos despois.
O equipo celeste asinou un curso espectacular, manténdose como un dos máis sólidos e regulares da categoría. A este éxito ligueiro súmase tamén a súa brillante participación na Copa do Rey, onde alcanzaron as semifinais, competindo ao máximo nivel fronte a algunhas das mellores canteiras do país.
Este logro é o reflexo do talento “Feito na Madroa” e do traballo constante de todos os profesionais que forman parte da estrutura de canteira do club polo que o Celta quere mostrar o seu orgullo por este grupo e por todo o que representan: raíces, identidade e futuro.
Parabéns, canteiráns!