
A peña Tolemia Celeste celebrou onte, mércores 29 de abril, un acto pola súa creación que contou coa presenza de Fer López, xogador do primeiro equipo do Celta; Coke Carrillo, porteiro do Celta Fortuna; Lara Martínez, capitá de As Celtas; e Sergio Álvarez; conselleiro do club.
Ao evento acudiron numerosos integrantes dunha peña que está composta por 140 peñistas, amigos entre eles, que decidiron unirse e formar esta peña como extensión desa amizade que reflicte un mesmo sentimento celeste. Autógrafos, fotos, abrazos e risos predominaron nesta celebración que supón o punto de partida dun bonito camiño que percorreremos xuntos.
O club quere agradecer o seu apoio e mostrar o seu orgullo por esta familia celeste que continúa crecendo día a día.
Grazas, celtistas!