20251002_AdriPartido_CELTAvsPAOK_AbancaBalaidos, Detalle-5
Celtismo

Entradas para unha nova noite europea en Abanca Balaídos ante o Royale Union Saint-Gilloise

RC Celta

A UEFA Europa League volve ter unha cita co celtismo. O vindeiro xoves 5 de novembro ás 21:00 horas, o Celta recibirá o Royale Union Saint-Gilloise na Xornada 4 da fase liga, na que será a segunda noite europea da tempada en Abanca Balaídos.

As entradas para este partido xa están dispoñibles no Portal do Celtista, cun período exclusivo de 24 horas para os posuidores do Carné Celtista, a un prezo de 25 euros. Unha vez rematado este prazo, as localidades estarán á venda para o público xeral a través da web oficial do club e nas billeteiras do estadio, a un prezo de 30 euros.

Unha oportunidade para gozar de Abanca Balaídos dunha maneira especial, volver escoitar o himno da Europa League, sentir o ambiente das grandes noites de fútbol e compartir co celtismo unha competición que sempre se vive dunha maneira diferente.

Agardámosvos, celtistas!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas