
O Celta acordou a ampliación da vinculación de Ángel Davila ata 2030 e pasará a formar parte do Celta Fortuna, nun paso máis do compromiso do club coa Canteira, a aceleración de procesos e o coidado dos nosos desde as súas primeiras etapas formativas ata o fútbol profesional.
Natural dá Vila do Corpus (Ponteareas), Ángel Davila chegou á Madroa en idade benxamín e, desde entón, foi superando cada unha das categorías da base ata converterse nun dos grandes referentes ofensivos do Xuvenil A. Con tan só 19 anos, suma xa máis de 80 goles coa camiseta celeste, 15 deles anotados este curso, o que confirma o seu gran instinto goleador. Unha gran campaña na que tamén se proclamou campión da División de Honra co Xuvenil A, alén de alcanzar as semifinais da Copa do Rey e os cuartos de final da Copa de Campións.
Dianteiro físico, con boa definición e gran toma de decisións no último terzo, Ángel Davila representa á perfección os valores dunha canteira que segue formando talento e que agora continuará a súa progresión en LaLiga Hypermotion.
Parabéns, Ángel!