antonie
A Canteira

Anthony Khayat sofre unha rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo esquerdo

RC Celta

Anthony Khayat sofre unha rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo esquerdo, segundo revela a resonancia magnética que se lle practicou no Hospital Ribera Povisa.

O canteirán celeste lesionouse no partido de volta dos cuartos de final da Copa de Campións Xuvenil, disputado ante a UD Las Palmas o pasado xoves na Madroa.

O Celta quere enviarlle unha mensaxe de ánimo a Anthony e desexarlle unha pronta recuperación.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira

Noticias recomendadas