
Andrei Radu foi elixido como o MVP Estrella Galicia da tempada 2025/2026, culminando así unha sobresaliente campaña no seu primeiro ano defendendo a camiseta celeste.
Deste xeito, ponse o broche a unha campaña na que este recoñecemento estivo moi repartido xa que outros xogadores como Iago Aspas, Javi Rueda, Sergio Carreira, Borja Iglesias, Carl Starfelt, Miguel Román ou Ferran Jutglà tamén lograron facerse con este galardón ao longo do curso.
O gardameta celeste recibiu o trofeo na previa do último partido da tempada, disputado ante o Sevilla CF en Abanca Balaídos.
Andrei Radu chegou ao Celta o verán pasado e co seu talento e carisma logrou namorar a todo o celtismo. Entregado e comprometido desde o primeiro día, Radu pecha a tempada co galardón máis especial, aquel que outorga a afección celeste.
Parabéns, Radu!