
O Celta Fortuna pechou esta fin de semana unha tempada para o recordo proclamándose subcampión de Primera Federación tras empatar ante o Barakaldo en Lasesarre (1-1). O filial celeste finaliza a liga regular en segunda posición con 65 puntos, igualando así a segunda mellor puntuación histórica do equipo.
O conxunto dirixido por Fredi Álvarez asina un curso espectacular, marcado pola aceleración de procesos, o talento da canteira e unha identidade competitiva que ilusionou durante toda a tempada.
Agora, o Fortuna afronta o seguinte reto con toda a ambición e a ilusión: o play off de ascenso a Segunda División. Un premio merecido para un grupo que nunca deixou de crer e que seguirá soñando.
Parabéns, canteiráns!