16x9
A Canteira

Alberto Suárez e Juan Recondo, dous técnicos Feitos na Madroa promocionan dentro da estrutura celeste

RC Celta

O Celta continúa reforzando a súa aposta polo talento Feito na Madroa para impulsar o crecemento dos profesionais que forman parte da súa estrutura e dando continuidade a un modelo basado na confianza nos nosos.

Neste contexto, Alberto Suárez pasará a formar parte do corpo técnico do primeiro equipo como responsable das accións a balón parado. Un paso adiante que chega despois de varias tempadas de crecemento en A Madroa e tras asinar unha gran campaña á fronte do Xuvenil A, co que se proclamou campión da División de Honra.

Pola súa banda, Juan Recondo asumirá o mando do Xuvenil A despois de liderar esta pasada tempada ao Xuvenil B, equipo co que tamén conquistou o título de liga. Unha promoción que dá continuidade ao seu excelente traballo durante os últimos anos na canteira. celeste

Estes movementos exemplifican o significado de Feito na Madroa, un concepto que vai máis alá da formación de futbolistas e que tamén recoñece o talento dos profesionais que medran dentro da estrutura do Celta. Persoas que coñecen perfectamente a metodoloxía do club, comparten os seus valores e contribúen cada día ao desenvolvemento do proxecto deportivo.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira

Noticias recomendadas