AMIGABLE 16X9
Celta Fortuna

O Sporting de Gijón, primeiro rival da pretemporada do Celta Fortuna

RC Celta

O Celta Fortuna comeza a perfilar como será a súa pretemporada 2026/27 e xa coñece unha das súas primeiras citas. O conxunto dirixido por Fredi Álvarez xogará ante o Sporting de Gijón nun encontro amigable que se disputará o vindeiro mércores, 22 de xullo ás 19.00 horas, a porta pechada na Madroa.

O conxunto asturiano, que tamén será un dos rivais do primeiro equipo celeste durante a preparación estival, supoñerá unha esixente primeira proba para un Celta Fortuna que encara a súa estrea en LaLiga Hypermotion. Ademais, este amigable servirá como anticipo do duelo ligueiro que ambos os equipos disputarán na Xornada 8 do calendario, cando o filial celeste visite O Molinón.

A conta atrás para o inicio do curso xa está en marcha!

RC Celta

Etiquetas

Celta b Celta Fortuna

Siguiente noticia

Noticias recomendadas