
O Celta e Joel López seguirán unidos ata 2029. O defensa amplía dúas tempadas máis o seu contrato e continuará formando parte do Celta Fortuna nunha tempada moi especial para o filial, a da súa estrea en Segunda División.
Desde a súa chegada a Vigo, Joel seguiu crecendo na Madroa ata converterse nun xogador moi importante para o Fortuna. Lateral con gran percorrido, intensidade e capacidade para achegar en ambas as áreas, demostrou tempada tras tempada o seu compromiso, esforzo e ambición por seguir mellorando.
Culminar a pasada campaña co ascenso a Segunda División ten un significado moi especial para el tras un camiño marcado pola perseveranza e o sacrificio, un exemplo de que con traballo os soños cúmprense.
Con esta renovación, o Celta dá continuidade ao crecemento dun futbolista que afronta unha nova etapa con moita ilusión e co mesmo compromiso que o trouxo ata aquí.
Parabéns, Joel!