
O Celta Fortuna continúa dando pasos na súa posta a punto para a súa histórica estrea en LaLiga Hypermotion. No Día de Galicia, o filial celeste empatou ante o CD Lugo no Municipal de Pol, nun encontro atractivo e competido que deixou boas sensacións no segundo amigable da pretemporada 26/27.
Un partido que tivo dúas metades claramente diferenciadas, nas que Fredi Álvarez optou por dous onces totalmente distintos. Álvaro Marín atopou o camiño do gol no primeiro cuarto de hora cun forte disparo cruzado, unha vantaxe que o conxunto celeste soubo manter ata o descanso nunha primeira metade marcada polo ritmo e as boas fases de xogo.
Tras o paso polos vestiarios, as rotacións multiplicáronse e o Fortuna seguiu probando a varios dos seus xogadores xuvenís. O encontro mantivo a circulación do balón con ambos os conxuntos buscando a portería rival e, xa na recta final, Teofilovic igualou o marcador desde o punto de penalti cun 1-1 que sería definitivo.
Os pupilos de Fredi Álvarez continúan sumando minutos nunha pretemporada moi esixente, que tan só acaba de empezar, e na que xa teñen fixado o seu próximo rival. O SCU Torreense, equipo que disputará a UEFA Europa League tras proclamarse campión da Taça de Portugal, visitará ao filial celeste o vindeiro mércores, 29 de xullo ás 19:00h.
FICHA TÉCNICA:
1 – CD Lugo: Marc; Yago Rodríguez, Pol Moreno, H. Pascual, Simón Luca; P. Parrilla, A. Perera; Samanes, Álex Gallar, G. Costa; e N. Reniero. Tamén xogaron: J. Candal; Embadje, Ibaider Garriz, Buide, Rufo, Pere Haro, K. Presa, A. Ulloa, M. Muñoz, Chiqui, I. Suárez e Teofilovic.
1 – Celta Fortuna: Caio Barone; Diego López, Pablo Meixús, Seyni Ndiaye, Pablo Gavián; Mateo Sobral, Adrià Capdevila, David Sueiro; Ángel Davila, Álvaro Marín e Cristian Carro. Tamén xogaron: Marcos González, Quique Ribes, Germain Milla, Noah Rodríguez, Raúl Chirveches, Jaime Pérez, Hugo López, Dani Ruiz, Bernard Somuah, Jorge Pérez-Lafuente, Pedro Ildefonso e Diego Matute.
Goles: 0-1, min. 12: Álvaro Marín. 1-1, min. 74: Teofilovic de penalti.
Árbitro: Jesús Fernández López. Mostrou tarxeta amarela ao xogador do conxunto rival, Pere Haro.
Incidencias: Segundo amigable da pretemporada 26/27 do Celta Fortuna disputado no Campo Municipal de Pol (Lugo) ante ao redor de 500 espectadores.