
O Celta e David Sueiro alcanzaron un acordo para a continuidade do canteirán durante as próximas tres tempadas, polo que o mediapunta defenderá o escudo celeste ata 2029.
Natural de Silleda, David chegou á Madroa en categoría Infantil procedente do Xuventude Oroso. Desde entón, o seu crecemento foi da man do club, superando cada unha das etapas da Canteira e confirmando, tempada tras tempada, o seu enorme potencial.
Aos seus 16 anos, destaca pola súa calidade técnica, a súa elegancia co balón e unha madurez impropia na súa idade para interpretar o xogo. Un talento diferencial que xa lle abriu as portas da selección española sub-16.
Actualmente, o canteirán iniciou a pretemporada 2026/27 ás ordes de Fredi Álvarez, formando parte da preparación dun curso moi especial para o Celta Fortuna en Segunda División. Ademais, participou nos catro encontros amigables disputados ata o momento, deixando moi boas sensacións en cada un deles e demostrando sobre no terreo de xogo a súa personalidade e gran proxección.
Deste xeito, o Celta volve reafirmar a súa aposta polo talento Feito na Madroa, asegurando a continuidade dun xogador que desexa seguir construíndo o seu futuro deportivo en casa.
Parabéns, David!