
Este sábado, 8 de agosto, ás 19:00h, o Celta Fortuna disputa no Campo Municipal de Barreiro o seu último amigable da pretempada 26/27 antes de afrontar un curso histórico co seu debut en LaLiga Hypermotion.
Será unha boa oportunidade para ver de preto o equipo de Fredi Álvarez nun esixente derbi galego fronte á UD Ourense e seguir acompañando o filial celeste no seu último pulo da preparación.
Ao igual que ante o SCU Torreense, a entrada será libre ata completar o aforo.
Agardámoste este sábado para animar xuntos ao Fortuna!