16_9
Primeiro Equipo

O Celta e Matías Vecino alcanzan un acordo para a súa desvinculación do club

RC Celta

O Celta e Matías Vecino chegaron a un acordo para a rescisión do contrato que vinculaba ao centrocampista uruguaio co club. Vecino, que aínda tiña un ano máis de contrato, chegou a Vigo o pasado mes de xaneiro procedente da Lazio.

Cunha salientable traxectoria ás súas costas, Matías debutou oficialmente defendendo o escudo celeste ante o RCD Espanyol e, poucos días despois, facíao tamén nos dezaseisavos de final da Europa League ante o PAOK.

Durante a súa etapa en Vigo, o xogador demostrou en todo momento un comportamento exemplar e a súa implicación co proxecto do club. Ademais, a súa experiencia e traxectoria levárono a desempeñar un papel moi importante dentro do vestiario, sendo referente e apoio para os xogadores máis novos.

O Celta quere agradecerlle a súa profesionalidade e compromiso durante estes meses, e desexarlle todo o mellor nesta nova etapa na súa carreira deportiva.

Grazas, Matías!

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Siguiente noticia

Noticias recomendadas