16_9 grazas
Novas primeiro equipo

Manu Fernández inicia unha nova etapa deportiva no Cádiz CF

RC Celta

O Celta e o Cádiz CF acadaron un acordo para o traspaso de Manu Fernández, reservándose o club celeste unha porcentaxe do xogador.

Con un legado familiar moi ligado ao Celta e formado na Madroa desde 2016, o central de Narón completou todo o percorrido da canteira celeste ata debutar co filial en setembro de 2023, onde non tardou en asentarse como titular en Primeira Federación. A súa progresión levouno a renovar ata 2028 e a dar o salto ao primeiro equipo, co que debutou en LaLiga EA Sports o 23 de agosto de 2025 ante o RCD Mallorca e na UEL en outubro dese mesmo ano ante o PAOK.

Tras dez anos vestido de celeste, Manu afronta agora unha nova etapa no Cádiz CF. O Celta agradécelle o seu compromiso e a súa profesionalidade durante todos estes anos e deséxalle a maior das sortes neste novo reto.

Moita sorte, Manu!

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas