
O Celta e a UD Ourense alcanzaron un acordo para a cesión de Cristian Carro, que continuará a súa progresión no conxunto ourensán ao longo da tempada 26/27.
O mozo de 18 anos chegou ao Celta no verán de 2022, procedente do Ural Español, aínda en idade cadete. Desde entón, a súa evolución foi constante dentro da Canteira, pasando polas diferentes categorías ata dar o salto ao Celta Fortuna.
Carro, que destaca pola súa velocidade, capacidade de desborde e determinación no último terzo, afronta agora esta nova etapa que lle permitirá seguir acumulando experiencia na súa traxectoria deportiva.
O Celta quere desexarlle a maior das sortes na que seguro será unha boa oportunidade para o seu crecemento tanto dentro como fóra do terreo de xogo.
Sorte, Cristian!