info
Celtismo

Todos os horarios para que non perdas nada do Celta Fortuna – FC Andorra

RC Celta

Abanca Balaídos volve abrir as súas portas ao fútbol este luns co primeiro partido da tempada no estadio e farao cunha cita moi especial: o debut do Celta Fortuna como local en Segunda División esta tempada.

O filial celeste enfrontarase ao FC Andorra na súa estrea en casa na categoría de prata, e para todos os celtistas que acudiredes a Abanca Balaídos para acompañar ao equipo, recompilamos a continuación toda a información que pode ser de interese antes de acudir ao estadio.

Apertura de portas

As portas de Abanca Balaídos abrirán unha hora e cuarto antes do encontro, ás 17:45h.

Debido á afluencia prevista, o club recomenda acceder ao estadio con suficiente antelación para evitar aglomeracións e facilitar unha entrada fluída.

Lémbrase que, unha vez dentro do recinto, cada afeccionado deberá ocupar a localidade asignada na súa entrada, excepto en Marcador Baixo.

Documentos de acceso

O acceso a Abanca Balaídos para este encontro realizarase exclusivamente mediante a entrada ou invitación previamente obtida a través do proceso habilitado polo club. O único carné válido para acceder aos partidos do Celta Fortuna é o carné do suplemento, que indica na traseira “Feito Na Madroa”.

Todas as entradas e invitacións son nominativas. Será necesario presentar a entrada, xa sexa en formato dixital ou impresa.

Así mesmo, o Celta solicita a todos os socios e celtistas que fagan un uso responsable das invitacións. O club resérvase o dereito de denegar o acceso ao estadio e/o adoptar as medidas que considere oportunas naqueles casos nos que se detecte un uso indebido das entradas ou invitacións asignadas. Tes toda a información sobre o suplemento do Celta Fortuna nesta ligazón.

Atención de incidencias

Para resolver calquera incidencia relacionada cos carnés do suplemento, as entradas ou invitacións, o club habilitará un servizo de atención nos despachos de billetes do estadio (entre as portas 14 e 15 de Marcador) desde a apertura de portas do estadio.

Recoméndase a todos os asistentes revisar previamente que dispoñen da súa entrada descargada e accesible no seu dispositivo móbil antes de acudir ao estadio.

Apertura dos despachos de billetes

Os despachos de billetes e Área Celtista estará aberta de 10.00 a 19.00. No entanto, para maior comodidade recoméndase consultar dispoñibilidade e comprar as entradas na web do Celta.

Tenda oficial do estadio

A tenda oficial do estadio abrirá este sábado de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 22.00.

Servizo de consigna para carriños de bebé

Para que os celtistas máis pequenos poidan acompañar aos seus papás, mamás, avós ou avoas a animar ao seu equipo, o Celta pon ao dispor dos afeccionados un servizo gratuíto de consigna para deixar os carriños de bebé mentres están no interior do estadio.

Este servizo estará habilitado na bancada de Tribuna, ao lado do local da Federación de Peñas, entre as portas 10 e 11 de Tribuna, desde a apertura das portas de Abanca Balaídos e ata 15 minutos despois da finalización do encontro.

Vémonos en Balaídos para vivir un día histórico xuntos!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas