
O Celta sumou un punto na súa visita ao Coliseum tras empatar 1-1 ante o Getafe CF, nun encontro no que os celestes remontaron en carácter, aínda que non no marcador. Martín Satriano adiantou os locais na primeira metade e Carl Starfelt asinou o tanto do empate na segunda.
O conxunto de Claudio Giráldez saíu con personalidade e tivo as primeiras aproximacións da tarde. Porén, o Getafe, por medio de Satriano, aproveitou unha acción a balón parado para adiantarse.
Tras o descanso, os celestes atoparon tamén a recompensa a balón parado. Hugo González puxo un preciso saque de esquina e Starfelt apareceu para cabecear o empate no minuto 57.
O partido abriuse aínda máis a favor dos celestes no 67, cando Zaid Romero viu o segundo cartón amarelo. Con un máis sobre o terreo de xogo, o Celta buscou con insistencia o segundo tanto, pero non logrou atopar o gol da vitoria.
Agora, o conxunto celeste pon a mirada en Abanca Balaídos, onde buscará lograr a súa primeira vitoria do curso ante o Málaga CF, nun partido que terá lugar o vindeiro domingo 13 de setembro ás 14:00 horas.
FICHA TÉCNICA:
1 – Getafe CF: David Soria; Kiko Femenía (Andrés García, min. 7), Djené, Nemanja Gudelj, Zaid Romero, Johan Mojica; Ramón Terrats (Óscar López, min. 93), Orel Mangala (Sebastián Boselli, min. 93), Mario Martín; Martín Satriano (Iván Azón, min. 73) e Enes Ünal.
1 – Celta: Andrei Radu; Jones El-Abdellaoui (Couhaib Driouech, min. 64), Yoel Lago, Carl Starfelt, Marcos Alonso, Javi Galán (Javi Rueda, min. 64); Ilaix Moriba, Miguel Román; Iago Aspas (Sergio Carreira, min. 64), Pablo Durán (Borja Iglesias, min. 70) e Hugo González (Ferran Jutglà, min. 83).
Goles: 1-0, min. 21: Satriano; 1-1, min. 57: Starfelt.
Árbitro: César Soto Grado (comité rioxano). Amoestou a Johan Mojica (min. 51) e a Ramón Terrats (min. 85) por parte do Getafe CF, e a Carl Starfelt (min. 77) e Marcos Alonso (min. 85) por parte do Celta. Zaid Romero foi amoestado no minuto 55 e expulsado por dobre amoestación no minuto 67.
Incidencias: Partido correspondente á Xornada 4 de LaLiga EA Sports disputado no Coliseum ante preto de 8.000 espectadores.