megajornadapatrimonio_Apaisada
O Club

O Celta participa nas Xornadas de Museos, Arquivos e Departamentos de Patrimonio Histórico de Clubs de Fútbol

RC Celta

O Celta estivo presente na primeira edición das Xornadas de Museos, Arquivos e Departamentos de Patrimonio Histórico de Clubs de Fútbol, celebradas os días 29 e 30 de setembro no Camp de Mestalla e organizadas polo Valencia CF a través do Departament de Patrimoni de la Fundació VCF.

En representación do Celta acudiu Juan Adell, historiador oficial do club, que participou neste encontro de traballo xunto a representantes doutros clubs de fútbol e distintas institucións vinculadas á conservación, investigación e divulgación do patrimonio histórico e cultural do fútbol.

As xornadas reuniron representantes de 17 clubs, entre eles o Celta, ademais de profesionais do Instituto de Restauración do Patrimonio da Universitat Politècnica de València, l’ETNO – Museu Valencià d’Etnologia, a Conselleria de Cultura e publicacións especializadas.

O encontro serviu como punto de encontro para compartir experiencias, proxectos e formas de traballo relacionadas coa xestión de arquivos, fondos documentais, museos e departamentos de patrimonio histórico das entidades futbolísticas. Unha oportunidade para poñer en común o traballo que os clubs desenvolven para preservar e divulgar a súa memoria.

O Celta agradece ao Valencia CF a invitación e a organización destas primeiras xornadas, que representan un espazo de encontro e colaboración entre os responsables de preservar a memoria dalgúns dos clubs con maior traxectoria do fútbol español.

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas