20261002_CELTAvsSANTACLARA_BorjaIglesias
Novas primeiro equipo

O Celta dá un paso máis na súa preparación cun partido de adestramento ante o Santa Clara

RC Celta

O conxunto celeste empatou este venres (1-1) ante o Santa Clara nun partido de adestramento disputado na Cidade Deportiva Afouteza, unha cita aproveitada polo equipo durante o parón internacional.

O equipo de Claudio Giráldez levou o peso do encontro durante boa parte do partido, aínda que o conxunto portugués tamén dispuxo dalgunhas ocasións. Tras adiantarse o Santa Clara no minuto 19 por medio de Brener, Aleix Febas igualou o encontro apenas tres minutos despois cun disparo desde o balcón da área.

Tras o descanso, a tónica mantívose cun Celta que levou o control e buscou o segundo tanto, pero o marcador xa non se movería.

Fin dun amigable que serviu para estreitar, unha vez máis, lazos entre o Celta e Portugal e para poñer o peche á última semana de parón. Os celestes retomarán a competición doméstica o vindeiro domingo 11 de outubro, coa visita ao Elche no Martínez Valero.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas