
Os servizos médicos do Celta avaliaron a Carl Starfelt tras o seu regreso a Vigo, despois de que o central abandonase a concentración de Suecia por unhas molestias na parte posterior da súa perna dereita.
A resonancia realizada ao xogador, substituído no minuto 31 ante Bosnia e Hercegovina, mostra unha rotura fibrilar na área miotendinosa do músculo semimembranoso con afectación no tendón proximal da coxa dereita.
Starfelt inicia agora o tratamento pertinente, que se estenderá ao redor das 6 semanas que se estiman de baixa.
O club deséxalle unha pronta e levadía recuperación.