
Os Zoqueiros do Porriño celebraron este martes o seu 20º aniversario cunha xornada moi especial e uns invitados de excepción. Pablo Durán, xogador do primeiro equipo do Celta; Sara Debén, xogadora de As Celtas; Pablo Gavián, xogador do Celta Fortuna; Sergio Álvarez, conselleiro do club; e Vlado Gudelj, lenda celeste; acompañaron aos celtistas da Louriña nunha celebración que reuniu a varias xeracións unidas por unha mesma paixón, o Celta.
Foi unha tarde para compartir recordos, anécdotas e, sobre todo, a ilusión de seguir vivindo o celtismo xuntos. Maiores e pequenos desfrutaron dos xogadores e lendas celestes, nunha xornada na que non faltaron os autógrafos e un bo puñado de fotos para gardar para sempre un día tan especial.
Para o club é un orgullo poder estar presente en celebracións como a de Os Zoqueiros, unha peña que leva xa dúas décadas facendo crecer e compartindo o sentimento celeste desde O Porriño, porque esta comuñón entre equipo e afección é unha parte esencial do que significa ser do Celta.
Por estes 20 anos e por todos nos que quedan por celebrar xuntos. Parabéns, celtistas!