WhatsApp Image 2026-10-09 at 09.10.56 (1)
Novas club

O Celta pon luz ao Corte Inglés da man da Asociación Española Contra el Cáncer

RC Celta

O Celta estivo presente esta tarde no acendido solidario de El Corte Inglés de Vigo, organizado xunto coa Asociación Española Contra el Cáncer  con motivo do Día Mundial contra o Cancro de Mama. Sergio Álvarez, en representación do club, foi o encargado de dar paso á iluminación conmemorativa tras unha breve conta atrás.

O acto forma parte da colaboración que El Corte Inglés e a AECC manteñen desde hai anos para impulsar a investigación e concienciar sobre esta enfermidade. Un momento simbólico que se prolongará durante todo o mes de outubro, xa que os beneficios da venda dalgúns produtos da campaña irán destinados a esta causa.

O Celta séntese orgulloso de sumarse a esta iniciativa, coa que comparte valores, e de mostrar o seu apoio a pacientes e familias.

RC Celta

Etiquetas

Novas club O Club

Noticias recomendadas