
O Celta Fortuna afrontaba a súa visita ao Carlos Belmonte condicionado por las numerosas baixas que obrigaron a Fredi Álvarez a presentar un once con importantes novidades, dando entrada por primeira vez como titular a Stefan Bajčetić e facendo debutar en Segunda División ao xuvenil Raúl Chirveches. Unha aposta valente que logrou someter en varios tramos do encontro a un Albacete en plena dinámica positiva.
O partido púxose costa arriba demasiado pronto, cun gol en propia porta que adiantou ao conxunto manchego no minuto 9. Un golpe ante o que o Celta Fortuna non perdeu de cara o encontro. Co paso dos minutos foi atopando o seu sitio e, tras o descanso, apropiouse do balón, gañou presenza en campo rival e puxo en aprietos a un Albacete que tivo que empregarse a fondo para conter o empuxe celeste. Vlad fixo tremer o traveseiro cun potente remate e Álvaro Marín tamén dispuxo das súas oportunidades para atopar o empate. Non houbo forma de mover o marcador.
A pesar de a derrota, o filial celeste deixou unha actuación de mérito, especialmente polas circunstancias coas que chegaba ao encontro. Ata cinco xuvenís participaron no partido, con catro deles terminando sobre o terreo de xogo. Unha nova mostra da aposta polo talento Feito na Madroa e da capacidade dos xogadores para competir nunha categoría tan esixente como LaLiga Hypermotion.
O vindeiro domingo, 22 de novembro a las 18:30h., o Celta Fortuna recibirá ao Real Valladolid en Abanca Balaídos en la que será unha nova oportunidade para seguir crecendo e xuntos gozar da afouteza dos nosos.
FICHA TÉCNICA:
1 – Albacete BP: Mariño; Lorenzo, Vallejo, Lluis López, Neva; Rober (Agus Medina, min. 57), Ortuño, Pachelo, Da Silva (Bernabéu, min. 70); Álex Rubio (Fabio, min. 82) e Soberón (Albarracín, min. 57).
0 – Celta Fortuna: Coke Carrillo; Germain Milla, Anxo Rodríguez , Raúl Chirveches (Pablo Meixús, min. 84); Vlad, Stefan Bajcetic (David Sueiro, min. 46), Andrés Antañón, Jan Oliveras (Noah Rodríguez, min. 84); Óscar Marcos (Ángel Davila, min. 66), Álvaro Marín (Jorge Pérez La-fuente, min. 84) e Ángel Arcos.
Gol: 1-0, min. 9.
Árbitro: Eder Mallo (Comité de Castela e León). Por parte do Celta Fortuna, mostrou tarxeta amarela a Vlad, Andrés Antañón, Pablo Meixús e Ángel Davila no banco. Por parte do Albacete BP, foron amoestados Lorenzo e Neva.
Incidencias: Partido correspondente á décimo cuarta xornada de Laliga Hypermotion disputado no Estadio Carlos Belmonte ante 11.000 espectadores.