altas
Celta Fortuna

Óscar Marcos e Anxo Rodríguez reciben a alta médica

RC Celta

Óscar Marcos e Anxo Rodríguez reciben a alta médica despois de incorporarse nos últimos días á dinámica do equipo. Deste xeito, o Celta Fortuna recupera efectivos de cara ao encontro deste luns ante o Albacete Balompié, que se disputará no Estadio Carlos Belmonte ás 20:30h.

Óscar Marcos atopábase de baixa despois de sufrir unha contusión no seu xeonllo esquerdo durante o encontro ante o Córdoba CF. Mentres, pola súa banda, Anxo Rodríguez regresa tras unha rotura fibrilar no recto femoral dereito que o mantivo afastado dos terreos de xogo unhas semanas.

Desta forma, Fredi Álvarez poderá contar con ambos os futbolistas para unha nova cita a domicilio, na que o filial celeste buscará romper a súa xeira actual e volver sumar lonxe de casa.

RC Celta

Etiquetas

Celta Fortuna

Noticias recomendadas