
O Celta e Clínica Torres acadan un acordo de colaboración que une o club cunha clínica de referencia en Vigo, especializada en odontoloxía e con máis de 30 anos de experiencia no coidado da saúde bucodental.
Esta alianza supón un novo paso na aposta do Celta por establecer vínculos con empresas da contorna que destacan pola súa profesionalidade, experiencia e compromiso coa calidade, incorporando a Clínica Torres á familia de colaboradores oficiais do club.
Situada no corazón de Vigo, Clínica Torres basea o seu modelo asistencial nun equipo multidisciplinar no que cada profesional achega a súa especialidade e desempeña unha función clave dentro do conxunto. Cunhas instalacións dotadas de tecnoloxía dixital avanzada, a clínica é pioneira a nivel nacional no uso da cirurxía guiada por ordenador con navegación 3D aplicada á implantoloxía, o que permite realizar intervencións máis precisas e rápidas, cunha mellor recuperación para o paciente.
Ademais, a súa actividade abrangue de maneira coordinada outras áreas como a ortodoncia, a periodoncia, a estética dental e a odontopediatría, garantindo unha atención integral e personalizada.
Con este acordo, o Celta e Clínica Torres inician unha nova etapa de colaboración, compartindo valores como a excelencia, a innovación e o compromiso coas persoas, e reforzando o seu vínculo co tecido empresarial de Vigo e a súa contorna.