Os canteiráns xogan mañá contra o Arenas (18:30h) tras empatar sen goles na ida
O Celta B viaxou esta mañana con destino a Bilbao. Os mozos celestes afrontan o desprazamento coa máxima ilusión e decididos a colleitar mañá en Getxo (18:30 horas) unha vitoria ante o Arenas que lles permita regresar á Segunda División B.
Tras colleitar un empate a ceros en Barreiro no partido de ida, o filial céltico acometerá un encontro de máxima esixencia no Polideportivo de Gobela, campo de céspede sintético. A expedición celeste chegou á capital vasca en torno ás 13:00 horas e regresará en autobús a Vigo na madrugada do sábado ao domingo.
O adestrador Pichi Lucas convocou a 17 xogadores para este partido. A lista fórmana Rubén, Óscar, Maceira, Marcos Torres, Aitor, David Costas, Borja, Antón, Félix, Añón, Madinda, Víctor Vázquez, Kevin, Thaylor, Santi Mina, Camochu y Rubén Martínez. Sergio Santos e Benja son baixa por lesión.
*Fotografía enviada polos propios xogadores desde o aeroporto de Barajas