Primeiro Equipo

Carta de Dani Abalo ao celtismo

RC Celta

Abalo_-_Carta.jpg

O canteirán celeste envía unha tenra mensaxe a todos os compoñentes do Real Club Celta

VIDEO EN CELTA TV

Quero aproveitar a oportunidade que me brinda o RC Celta a través destas liñas para despedirme. Primeiro de todos os empregados do club, que me viron chegar hai 8 anos como un rapaz con ganas de aprender, con ganas de cumprir un soño, o de ser profesional e chegar ao primeiro equipo. A todos, os que estiveron e os que están, doulles as grazas pola súa proximidade e o seu trato.

 

Os dous últimos anos para min foron duros no persoal, pero os que foron os meus compañeiros fixéronme feliz, primeiro co ascenso, despois coa permanencia. Sufrín como calquera aficcionado, na bancada e desde a distancia, e sufrín e alegreime como amigo, porque é o que me levo dese vestiario. Compañeiros cos que empecei no xuvenil e o filial. Pelexamos xuntos e xuntos cumprimos os nosos soños. Outros que sempre me souberon aconsellar, corrixir e axudáronme a madurar.

 

Houbo momentos difíciles, pero valeron a pena. Despídome da directiva, sen reproches, saben que se marcha un celtista, un rapaz da canteira, pídolles que a coiden, que aposten por ela. E despídome da afección, agradecido polos ánimos, pola vosa paciencia, polo voso respaldo nos momentos duros.

 

O Celta cambioume a vida, deume a oportunidade de ser futbolista profesional, por iso só teño palabras de gratitude cara ao club, o mellor club. Ala Celta!

 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas